Quen somos
Unha empresa de Caldas de Reis
VC Coidados naceu en 2026 en Caldas de Reis para ofrecer atención domiciliaria próxima, humana e profesional. Cremos que a maioría das persoas queren seguir na súa casa, coas súas cousas e a súa xente, e traballamos para que poidan facelo con seguridade.
Somos persoal cualificado, cunha ampla experiencia en residencias de maiores e numerosa formación complementaria, feita en cursos especializados durante o noso traballo nelas. Levamos ese oficio á casa de cada persoa usuaria, adaptándonos ao seu ritmo, aos seus costumes e ao que a familia necesita.
